sobre min
Coñéceme
Son Natalia, fotógrafa de embarazo, recén nacido e familias na Mariña Lucense
Creo na fotografía que se sente, non na que se disfraza.
Na luz natural, na pel de verdade, nos silencios pequenos que contan máis ca mil poses.
Cada sesión é unha experiencia completa:
un espazo onde acompañar ás mamás cos seus medos,
coas hormonas revoltas, coa tenrura e tamén co cansazo.
Aquí non vides só facer fotos, vides parar un intre e respirar.
Traballo sen présas, respectando os tempos de cada bebé e de cada familia.
Gústame escoitar, observar e deixar que todo suceda dun xeito natural.
Fotografío porque sei que este agora non volverá:
a barriga que medra, as mans diminutas, o xeito único no que vos mirades hoxe. Quero que quede para sempre.
A miña esencia
Dáme a vida pasear pola ría de Barreiros,sentir o cheiro a salitre pola mañá cedo
e mirar eses atardeceres que sempre parecen inventados.Aprecio o espontáneo, os detalles pequenos,iso que é esencial e case invisible aos ollos.
Son algo toxiño, teño que recoñecelo.
Non é doado manterme calada,pero tamén preciso os meus momentos de silencio.
Encántame comer sen présa, descubrir restaurantes novos,
cociñar cando o tempo me deixa,pintar, debuxar e enredar con calquera manualidade.Teño alma de artista.
Non creo na perfección, nin na vida nin nas persoas.
Creo na ilusión, nas cousas sinxelas e en rodearme dos que quero.
Así son eu.
E así tamén é a miña maneira de fotografiar.
O meu soño
Podo dicir que estou vivindo o meu soño : dedicarme a gardar a vida en fotografías.
Nada disto sería posible sen os meus: sen Xusto, sen o meu pequeno Pablo,sen a miña familia que sostén o que non se ve.
Grazas tamén a ti por chegar ata aquí, por entrar neste espazo que é un pouco meue que quero que sintas tamén como teu.
Oxalá nos coñezamos pronto e poida acompañarte a gardar un anaquiño importante da túa historia, desa vida que constrúes cos que máis queres.