Lactancia
«Entre ti e eu» Unha sesión para gardar a beleza íntima da lactancia
A lactancia está chea de matices.
Ás veces é calma. Ás veces é necesidade. Ás veces é pausa, refuxio, cansazo, amor e entrega ao mesmo tempo.
Sucede dentro da rutina, entre días que pasan moi rápido, e moitas veces sen espazo para parar a mirar todo o que realmente significa.
Entre ti e eu nace da necesidade de gardar ese vínculo invisible e inmenso que se crea entre unha nai e o seu bebé.
Ese lugar no que hai alimento, refuxio, descanso, consolo e amor.
Ese lugar no que moitas veces non hai palabras, pero si todo o demais.
É unha sesión íntima, pensada só para vós dous.
Para retratar con verdade unha etapa que adoita pasar mentres estás demasiado ocupada vivíndoa.
Cada fill@ es un mundo, e cada lactancia tamén.
Fago estas sesións porque creo profundamente na beleza do cotián.
Na emoción dos xestos pequenos.
Na importancia de conservar aquilo que parece normal ata que deixa de estar.
E porque a lactancia non é só unha forma de nutrir.
Tamén é unha forma de vincularse, de calmar, de acompañar e de estar.
A nosa lactancia durou casi sete anos , unha etapa intensa e de moito apego pero sen fotos, por iso non quero que ti te quedes sen elas.
Son sesións só para mamás e bebés porque aquí todo está pensado para poñer o foco nese vínculo
O amor silencioso destes días que agora parecen eternos e que, sen darte conta, un día xa pasaron.
Porque hai etapas que, mentres as vives, semellan infinitas.
Pero non o son.
A lactancia cambia, evoluciona e remata.
E moitas veces deixa moi poucas imaxes reais nas que ti tamén apareces.
Porque a lactancia tamén forma parte da vosa historia.
Preguntas frecuentes
Entre ti e eu é para mamás que están vivindo a lactancia e senten que esta etapa merece quedar gardada.
Para mulleres que queren verse tamén dentro da historia.
Para quen busca un recordo íntimo, natural e cheo de significado.
Non importa se a túa lactancia é recente ,xa leva meses ou anos
O importante é que este momento sexa voso e que teñas ganas de conservalo
Porque é unha etapa profundamente íntima e tamén moi fugaz. Porque un día cambia. E porque mereces ter un recordo fermoso no que ti tamén esteas presente.
Porque o corazón desta experiencia está precisamente ahí. En poñer toda a atención nese vínculo tan profundo que se crea entre os dous durante a lactancia, sen distraer a mirada do esencial.
Non. A lactancia forma parte da sesión, pero non ten que aparecer en cada imaxe. Tamén se retratan abrazos, caricias, miradas, descanso e outros momentos que falan da vosa relación.
Pódese facer en diferentes momentos da lactancia, sempre que sintas que esta etapa aínda forma parte do teu día a día e che apeteza gardala. Non hai unha única idade exacta, porque cada historia ten o seu ritmo.
Non pasa nada. A sesión adáptase completamente ao ritmo real do teu bebé. Hai espazo para parar, para coller, para mecer, para cambiar e para deixar que todo suceda con naturalidade.
Segundo o estilo que busques, pode facerse nun espazo coidado e íntimo, no estudio ou incluso na casa, se queres un recordo máis persoal e cotián ( consulta suplemento por desplazamento ) . Se o tempo acompaña, ó aire libre tamén é unha opción preciosa
A idea é que a roupa acompañe sen roubar protagonismo ao vínculo. Antes da sesión axudareiche a escoller o máis adecuado.