Recién nacido
A túa búsqueda remata aqui, imos gardar xuntas o que máis importa.
Os primeiros días teñen algo de milagro e algo de vértigo.
Todo é novo: as mans que aprenden a sostelo,
as noites curtas, o corazón cheo.
O teu bebé cambia mentres pestanexas. Hoxe cabe no teu antebrazo,mañá xa estira as pernas buscando o mundo.
Unha sesión de recién nacido é un refuxio.
Un lugar tranquilo onde parar o ruído de fóra
e mirar con calma o que acaba de nacer:
o teu fillo, a túa familia nova, tamén a ti como nai.
Os vosos primeiros momentos xuntos.
Unha sesión tan máxica como irrepetible
Non son fotos perfectas,son recordos verdadeiros:
ese olor dulce,
os xestos diminutos,
ese xeito único no que se acouga sobre ti.
Traballo ao voso ritmo,
respectando o sono, as tomas, o que necesitedes.
Aquí non hai présa, só coidado.
Estas imaxes serán a primeira páxina da súa historia,
un lugar ao que volver cando todo medre demasiado rápido
e que vos lembrará como empezou todo.
As sesións de recén nacido realízanse no meu estudio en Barreiros, ( A Mariña Lucense ) un espazo tranquilo, con luz natural e estética limpa e suave,pensado para que vos sintades coma na casa.
VESTIARIO
Non tes que preocuparte por nada.Poño á túa disposición o meu armario de cliente,con vestidos e conxuntos coidadosamente escollidos,ademais de roupa suave e natural para o teu bebé.
Acompáñovos cunha guía de vestiario e asesoramento
para lograr imaxes harmoniosas, sinxelas e naturais
DURACIÓN E RITMO
As miñas sesións son sen présas, respectando os tempos do teu bebé.
Teñen unha duración aproximada de 2 horas e media ,coas pausas que sexan necesarias.
Estarei ao teu lado con indicacións suaves,
ensinándoche como coller e abrazar ao teu bebé
para que todo flúa de maneira natural.
O meu obxectivo é crear imaxes limpas e emotivas,
cheas de amor e calidez.
Se todo esto resoa contigo, estás no lugar axeitado e eu son a fotógrafa que estabas buscando.
Son nai e sei ben o momento que estás vivindo.
Levas esperando moito para ver a súa cariña, tocar esa piel suave…
Un momento irrepetible que pasará antes de que te des conta
No estudio poderás ver diferentes formas de conservar estas fotografías , pezas como álbumes, lienzos, cadros…pensadas para que estes primeiros dias queden presentes na túa vida moito máis aló dunha pantalla
A túa búsqueda remata aqui, imos gardar xuntas o que máis importa.
Son días intensos, de pouco descanso e de moitas emocións, así que quero que cando cheguedes ao estudio sintades calma. Terei café preparado, algo rico para petiscar e un ambiente acolledor para que esa mañá non sexa só a sesión, senón tamén un momento bonito para parar e desfrutar.
Descubre porque as miñas sesións son diferentes a todo o que habías visto antes
Preguntas frecuentes
O ideal é pensar na sesión antes de que o teu bebé chegue.
A reserva faise durante o embarazo, coa data probable de parto e logo xa se axusta cando nace o bebé.
Os primeiros días teñen unha maxia especial.
Entre a primeira e a terceira semana os bebés adoitan estar máis recollidos, durmen con facilidade e permiten imaxes o máis cercanas posible a como eran dentro do ventre materno.
Ata as seis semanas tamén se poden facer sesións preciosas:
bebés máis espertos, miradas curiosas, xestos que xa empezan a contar quen van ser.
O resultado é diferente, si, pero igual de verdadeiro.
Cada etapa ten o seu encanto,
e eu acompáñovos sexa cal sexa o voso momento.
Por iso recoméndoche reservar con tempo,
para que, cando chegue o día, só teñas que pensar en abrazar ao teu bebé.
Do resto encárgome eu.
Aínda que o ideal son as primeiras dúas semanas,hai bebés que veñen aos poucos días,
e outros necesitan máis tempo:un posparto máis intenso, unha recuperación máis lenta,
un ingreso inesperado ou simplemente a necesidade de parar e respirar.
E todo está ben.
Os primeiros días teñen unha maxia moi especial,
pero tamén son días fráxiles e imprevisibles.
O importante non é cumprir un calendario,
senón que cheguedes á sesión con calma,
cando ti e o teu bebé esteades preparados.
Eu adáptome a vós.
Reservamos durante o embarazo para gardar un oco,
pero a data real decídese cando a vida fala.
Porque esta experiencia non vai de présas,
vai de coidado, de respecto e de verdade.
En realidade calquera momento do recién nacido é perfecto, é o teu bebé que acaba de nacer, nada pode ser máis perfecto. O importante é que teñas a reserva feita previamente e que saibas as diferencias entre a sesión dos primeiros dias e a de cando xa teñen catro ou cinco semanas pero calquera delas igualmente inigualable e especial.
Si, as miñas sesións de recién nacido están diseñadas para incluír ó teu bebé, irmáns maiores a ti e a túa parella. É unha maneira maravillosa de capturar o momento en familia do novo membro recién chegado.Cando te poñas en contacto conmigo dareiche algúns consellos para que todo flúa perfectamente.
Non te preocupes por nada, no momento da reserva xa me encargo de asesorarte e mandarche unha guía de vestuario con consellos e prendas que eu teño no estudio e que poderás escoller ó teu gusto.
As sesións de recién nacido duran aproximadamente dúas horas e media . Cada bebé marca o seu propio ritmo , asique traballo con calma , facendo as pausas necesarias para que todo suceda dun xeito natural e tranquilo.
Entre dúas e tres semanas é o tempo estimado dende o día da sesión . Recibirás unha galería de fotos oline para visualizar e escoller as favoritas dependendo do pack seleccionado. Os productos impresos estarán dispoñibles uns 40 dias despois da vosa selección.