Embarazo
9 Meses de espera, a sesión de maternidade é un respiro profundo no medio de esa etapa antes de que cambie para sempre
A sesión de maternidade fala de espera, de vínculo e de todo o que xa estás sentindo antes de ter ao teu bebé nos brazos.
Non é só facer fotos bonitas.
É darlle valor a este momento único, ao teu corpo, á túa emoción e á forma en que estás vivindo esta etapa.
Un recordo para volver a el unha e outra vez
O embarazo é unha etapa única, que como mulleres debemos vivir con grandeza
O único momento no que o teu bebé vive baixo a túa pel.
Unha sesión de maternidade é un momento para parar no medio de tantos cambios.
Un espazo para verte con calma, dar valor ao que o teu corpo está facendo
e conservar a beleza desta etapa antes de que pase.
Un agasallo para a muller que es hoxe, un recordo inolvidable para a muller que serás despois.
Se a miña forma de mirar a maternidade resoa contigo, son a fotógrafa que estabas buscando
No estudio poderás ver diferentes formas de conservar estas fotografías , pezas como álbumes, lienzos, cadros…pensadas para que estes primeiros dias queden presentes na túa vida moito máis aló dunha pantalla
Sesións para mulleres que queren recordar como se sentía ese momento
Descubre porque as miñas sesións son diferentes a todo o que habías visto antes
Preguntas frecuentes
O momento ideal adoita ser entre a semana 28 e a 34, cando a barriga xa ten unha forma bonita e aínda te sintes cómoda para vivir a sesión con calma.
Normalmente, as miñas familias fan a reserva despois da revisión das 20 semanas.
Igualmente se estás leendo isto e pensas que vas tarde non dubides en poñerte en contacto comigo. Ás veces xorden cancelacións de última hora e aínda poderiamos atopar un oco para facer a sesión.
¡No eres la única! Pero tómate unos minutos para pensar en ello. No eres una modelo profesional y nadie espera que lo seas.
¡Cada persona que entra a mi estudio siente exactamente lo mismo que tú y es absolutamente normal!
O meu traballo é converter a túa sesión de embarazo nun momento tranquilo, cómodo e cheo de calma.
Para min é moi especial escoitar ás familias cando saen do estudio dicindo:
“Grazas, Natalia, foi unha experiencia preciosa… e en realidade non foi tan difícil como pensaba”.
Ademais, o teu corpo está vivindo unha etapa absolutamente extraordinaria, e é normal que non sempre te sintas ao cen por cen. Durante a sesión vou guiarte con delicadeza para atopar as posturas que mellor se adapten a ti, aproveitando a luz máis bonita para realzar as túas formas e crear imaxes cheas de beleza deste momento tan único.
De feito, sorprenderate descubrir o natural e agradable que é estar diante da cámara cando hai algo tan especial no que pensar: o teu bebé. 🤍
Enviareiche unha guía de vestiario sinxela e moi completa para axudarche a preparar a sesión con tranquilidade.
Poderás utilizar tamén o meu armario do estudio e, ademais, recomendareiche que prendas podes traer da casa para que todo encaixe coa estética da sesión e contigo
Si, por suposto. A sesión pode ser só para ti ou compartida coa túa parella e cos irmáns maiores. A idea é reflectir esta espera dun xeito real e bonito para vós.
A maioría das mamás elixen o estudio para disfrutar da experiencia elas soas ou en parella, mentras que as sesións ó aire libre son perfectas para cando hai outros peques ou incluso as vosas mascotas
Sempre animo a aproveitar o tempo tal e como ven, unha tarde de choiva pode ser super divertida. Pero si o prefires e vemos que pode afectar ó resultado da sesión será reprogramada ou no defecto cambiada ó estudio
Entre dúas e tres semanas é o tempo estimado dende o día da sesión . Recibirás unha galería de fotos oline para visualizar e escoller as favoritas dependendo do pack seleccionado. Os productos impresos estarán dispoñibles uns 40 dias despois da vosa selección.
Aproximadamente unha hora e media




